Sunday 12 de May de 2024

As camelias volverán exhibirse na Pobra


A Concellaría do Turismo da Pobra do Caramiñal atópase configurando unha axenda lúdica cara á época da Semana Santa. Entre as propostas que se están a deseñar figura a segunda edición da exposición da camelia, que terá lugar nos días 28 e 29 de marzo, na Casa Mariñeira.

Co afán de facer un certame participativo, a Administración local fai un chamamento para que tódalas persoas que posúan un exemplar desta planta traian unha mostra.

Toda aquela xente interesada en face-la súa achega dispón ata o día 22 de marzo para se pór en contacto a través do enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou nos teléfonos 671090262 e 687482835, ademais de na propia oficina do turismo, de luns a venres, no horario da mañá.